Skip to Content

Saúdo do Alcalde

Julio Yebra-Pimentel Blanco

   Como Alcalde de Carballedo, quero aproveitar a ocasión para darlle a benvida a todo aquel que realice un paseo virtual polo noso municipio.

   Carballedo é un pobo lucense que forma parte da Ribeira Sacra, combina zonas de montaña e ribeira, o que da lugar a unha paisaxe incomparable onde un pode evadirse por completo do infernal ruído urbano e gozar da auga e do bosque.

   Desexo aproveitar a nosa web para invitarlles a que se acheguen ó noso Concello, para coñecelo máis a fondo e en vivo, agardando que sexa unha experiencia a repetir.

   Un saúdo

 

Julio Yebra-Pimentel Blanco

Alcalde do Concello de Carballedo